CONTRA AS VIOLENCIAS, EDUCACIÓN
Coma cada 25 de novembro, hoxe conmemórase o Día Internacional contra a Violencia
de Xénero, unha data que soñamos que chegue un día no que xa non haxa que conmemorar. Mais, de momento, a discriminación e a violencia contra as mulleres aínda son unha realidade. Para facernos conscientes da súa presenza no noso día a día, instalamos uns murais colaborativos na planta baixa do instituto que o alumnado e o profesorado fomos completando ó longo do día.
Ademais, o alumnado de 1º da ESO que cursa a materia de Investigación e tratamento da información tamén estivo traballando durante varias semanas sobre esta efeméride, buscando información sobre mulleres destacadas en distintos eidos ás que cómpre darlle visibilidade. O resultado da súa investigación expuxérono nos taboleiros da planta baixa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario