VOLTAMOS EN SETEMBRO!
Neste último día lectivo, queremos aproveitar para agradecer dende aquí a tódalas persoas que durante este curso tan peculiar colaborastes coa Biblioteca dunha ou doutra forma para que fose posible a súa actividade. Grazas ó alumnado, ós profes e ó persoal do centro e moi especialmente ó noso Equipo de voluntarias e voluntarios, que estes días recibiron un pequeno agasallo polo seu labor:
Grazas Janire, Sofiya, Antonio, Carmen, Sandra, Eric, Claudia, Rubén, David e Mónica!!
Con estas imaxes despedimos o curso e desexámosvos a todas e todos un moi feliz verán!!
Volveremos en setembro con moitas ganas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario