7.4.21

Convocatoria Certame Exeria

I CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA



A historia da peregrina Exeria é unha desas historias inspiradoras que todo o mundo debería coñecer. Viviu no século IV d.C. e nesa época iniciou unha atrevida viaxe en solitario ata a Terra Santa, Exipto e Mesopotamia. As súas impresións sobre o periplo, as paisaxes e as xentes que foi vendo durante meses foinas recollendo nun libro, o Itinerarium Egeriae.

En honor a esta curiosa e independente muller, considerada a primeira escritora galega da que temos coñecemento, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Illa de San Simón (Redondela), en colaboración coa Biblioteca, temos o pracer de convocar conxuntamente o I Certame de microrrelato e fotografía Exeria. Nesta primeira edición, pareceunos que non había mellor tema para homenaxear a esta figura que as viaxes.

Pica nas seguintes imaxes para acceder ás bases do certame:


Puxemos moita ilusión neste proxecto que agardamos que teña continuidade en próximas edicións.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...