4.2.21

Renovación do logotipo da Biblioteca

CONCURSO DE LOGOTIPOS DA BIBLIOTECA



Queremos renovar a imaxe da nosa Biblio e precisamos da túa axuda!!

O noso logo xa ten uns aniños e precisa unha actualización. Temos claro que entre o alumnado hai moitxs artistas, así que... por que non nolo demostrades unha vez máis?

Convocamos un concurso de logotipos destinado a todo o alumnado do centro. A información podedes vela na seguinte imaxe (pica nela para ampliala).



O traballo gañador convertesase no novo logo da nosa Biblio e, ademais, a súa autora ou autor recibirá un agasallo xenial.

A que estás esperando? Tes ata o 22 de febreiro para presentar o teu traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día do Naturismo Galego

  ⚠️📣 O alumnado de #BioloxíaeXeoloxía de #1ºdeESO do @ies.cabo.ortegal conmemorou este #9demarzo o #DíadoNaturismoGalego cunha mostra...