CLUB DE LECTURA ORTEGALENDO 2020-2021
Este curso custounos un pouco arrincar, pero xa están a pleno rendemento tódolos grupos do Club de lectura!!
1º ESO
Profesora: Beatriz Rodríguez
En 1º temos grandes lectores e non podemos estar máis contentxs. É o noso grupo máis numeroso, apuntouse practicamente toda a clase!! Por ese motivo dividimos o grupo en dous subgrupos. O primeiro deles decidiu ler o número 15 do Diario de Greg, de Jeff Kinney, pero antes de empezar aprenderon a debuxar ó seu protagonista. Deixámosvos unhas imaxes:
O segundo grupo vai comezar coa obra Pomelo y limón, de Begoña Oro.
2º ESO
Profesora: Laura Viñas
O grupo de 2º empezou a obra Mentira, de Care Santos. Na reunión inicial, Laura fixo reflexionar á rapazada cuns vídeos sobre o uso das redes sociais.
3º ESO:
Profesoras: Ana Bravo e Sara Filgueira
Antes do Entroido tivemos a primeira reunión con este grupo e comezaron cos microrrelatos da antoloxía Por favor, sea breve. Traballaron a lectura en voz alta e a comprensión (e pasárono moi ben!).
4º ESO:
Profesoras: Ana Bravo e Sara Filgueira
Na segunda reunión comezaron coa obra: Beleza vermella, de Arantza Portabales. O libro está gustando moito. Hai quen xa non pode parar de ler para descubrir quen é x asasinx!
Ningún comentario:
Publicar un comentario