11.1.21

Voluntariado na Biblioteca Escolar

BUSCAMOS VOLUNTARIXS PARA UNIRSE Ó EQUIPO DA BIBLIOTECA!




Coma cada ano, no marco do programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", buscamos persoas voluntarias para unirse ó noso Equipo da Biblioteca. Xa fostes varias/os os que nas últimas semanas vos unistes, pero se ti tamén o estás pensando, aínda estás a tempo! Se che gustan os libros, axudar na organización e desenvolvemento de actividades e, sobre todo, pasalo ben, estámoste agardando!! Só tes que falar con algunha das profesoras encargadas da Biblio.

As persoas voluntarias recibiredes un diploma acreditativo da vosa participación nesta actividade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Teatro no colexio

Onte o alumnado de #1ºESO regresou ao colexio en que estudaron até o curso pasado para compartir unha experiencia moi especial co alumnado ...