30.1.21

Día da non violencia e da Paz

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ




Hoxe celébrase o Día escolar da Non Violencia e da Paz e queremos compartir convosco o traballo que o alumnado de 1º ESO da materia Investigación e tratamento da información leva realizando nas últimas semanas.

Xunto coa súa profe, Marián, estas rapazas e rapaces debateron sobre a paz e a pervivencia de actitudes e comportamentos violentos na sociedade actual; analizaron a prensa recente en busca de novas que demostran que aínda queda moito camiño por andar para acadar a paz real; e localizaron en mapas os lugares nos que actualmente hai guerras e situacións de conflito. O seu traballo están plasmándoo nun mural aínda en construción que podedes ver en fronte á Conserxería. Deixámosvos aquí algunhas imaxes:






Por outra banda na Biblioteca fixemos unha selección de lecturas e películas para conmemorar esta efeméride, que podedes atopar dende hai uns días nos andeis da entrada. Buscádeas ou preguntádenos porque seguro que descubrides cousas ben interesantes!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...