ENTREVISTA ALUMNOS
2º DE BACHARELATO
David Ramos (1º ESO B) entrevista á delegada e
subdelegada de 2º Bach (Ana Blanco e Claudia Sanjurjo) como representantes do
grupo.
1º-Estades
ilusionadas ou nerviosas pola nova etapa que ides comezar?
Si, moito. Estamos moi entusiasmadas, non o cremos
realmente.
2º-Resultouvos
complicado, dificulso ou estresante a vosa chegada ao IES?
-Si. O primeiro ano sobre todo porque é o cambio de pasar
de ser os maiores a ser os pequenos,
pero despois xa te acostumas e xa e todo é máis levadeiro.
3º-Que podedes
recomendarnos aos que acabamos de chegar?
-Que non
vos estresedes que non pasa nada por suspender unha materia ou se non queredes
facer unha carreira, hai outras moitas saídas que podedes adoptar.
4º- Como foi a
vosa experiencia en xeral neste instituto?
-Moi boa,
estamos moi contentas, porque é unha contorna moi familiar e sobre todo polas
cantidades de actividades que se fan neste centro.
5º-Cal foi o curso
de que tedes peor recordo? E o mellor?
Por que?
-O peor
para nós foi primeiro polo cambio mencionado anteriormente e o mellor curso foi
4º ESO ou 1º Bach, porque foron “fáciles”, polos compañeiros e sobre todo pola
excursión de final de curso.
6º-Que materia vos
resultou máis complicada?
En xeral física e química e xeografía de 2º Bach as máis
complicadas.
7º-Que é o que
máis gusta do IES? Por que?
O que máis é a confianza nos profesores, porque máis ou
menos nos anos de instituto non se cambia moito de profesorado entón vas
collendo confianza con eles, pero sobre todo a contorna familiar de coñecerse
todos uns a outros.
8º-Que
cambiariades dos plans de estudo actuais?, se considerades que hai que cambiar
algo?
Nós engadiriamos algunhas materias como unha de primeiros
auxilios, unha de cociña…
9º-Queredes
engadir algunha cousa máis?
Que non vos agobiedes, pero sobre todo que gocedes das
actividades que se fan neste centro, que aínda que non o pareza pasa moi
rápido. Que tedes e nós tivemos sorte
de estar neste instituto.
FOI UN PRACER! MOITA SORTE RAPACESS!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario