20.10.17



FORMACIÓN ALUMNOS 1º ESO

A nosa primeira actividade foi a de formar no uso da biblioteca aos novos alumnos de 1  de ESO, para que por eles mesmos sexan capaces de buscar libros sen axuda.

Nas sesións de formación realizamos diversas actividades:

-O primeiro que fixemos foi falar uns minutos sobre a experiencia que tiñan doutras bibliotecas como a do colexio de primaria ou da municipal.
-Despois traballamos uns divertidos exercicios nos que tiñan que dispoñer alfabeticamente grupos de palabras, xa que a orde alfabética é básica na procura dun libro nunha biblioteca.
-Despois mostrámoslles que os libros están distribuídos por materias e explicámoslle o método de ordenar os libros nos estantes aclarándolles o significado dos códigos que aparecen nos “tejuelos”.
- Finalmente fixemos, en grupos de dous, varios exercicios prácticos de busca de libros.

Resultaron ser unhas sesións moi divertidas e os alumnos moi entusiastas e colaboradores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...