6.6.15




VISITA DE JORGE MIRA


Onte venres 5 de xuño estivo na biblioteca do IES Cabo Ortegal Jorge Mira:  e deunos dúas charlas: https://twitter.com/JorgeMiraUSC/status/606792842481139712 a primeira para 1º, 2º e 3º ESO, foi sobre o percorrido histórico pola loita do ser humano para determinar as dimensións do universo, dende os gregos ata os nosos días; e a segunda para 4º ESO, 1º e 2º de Bach foi sobre curiosidades da ciencia, que atinxen á selección sexual, cálculos de temperaturas do ceo-inferno e o movemento do botafumeiro...entre outras cousas. Ao remate das charla houbo unha quenda de preguntas.
  Foi unha delicia escoitalo e os rapaces desfrutaron moito e non querían que rematase a charla. Esperamos que plantase unha semente de curiosidade e interese pola ciencia, o noso primeiro obxectivo con estas charlashttps://twitter.com/jorgemirausc
Organizou Biblioteca e colaboraron os departamentos de Física e Matemáticas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Novidades na Biblio!

⚠️📣 E para retomar a hora de ler noeste trimestre, aquí vos presentamos algunhas novidades que xa podeses coller no carro que está á entr...