CHARLAS JORGE MIRA
O vindeiro venres 5 de xuño estará na biblioteca do IES Cabo Ortegal Jorge Mira, catedrático de
electromagnetismo no departamento de Física aplicada da USC, divulgador
científico, responsable del programa ConCiencia, autor do libro A ciencia no punto de mira e colaborador
en varios programas da TVG e no periódico La Voz de Galicia.
Daranos dúas charlas:
Primeira
charla ás
11:15, para 1º, 2º e 3º ESO, será sobre o percorrido histórico pola loita
do ser humano para determinar as dimensións do universo, dende os gregos ata os
nosos días (dende a medida da terra e lúa ata o Big Bang).
A segunda ás 12:20, para 4º ESO, 1º e 2º de Bach, será sobre curiosidades da ciencia que atinxen á selección sexual, cálculos de temperaturas do ceo-inferno, e movemento do botafumeiro...
A segunda ás 12:20, para 4º ESO, 1º e 2º de Bach, será sobre curiosidades da ciencia que atinxen á selección sexual, cálculos de temperaturas do ceo-inferno, e movemento do botafumeiro...
Estamos
seguros que imos desfrutar e aprender moito.
Organiza Biblioteca e colaboran os Departamentos de Física e Matemáticas.
Organiza Biblioteca e colaboran os Departamentos de Física e Matemáticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario