3.3.15


1º de marzo: centenario da publicación  «Vento mareiro» de Ramón Cabanillas

Publicado en 1915, Vento mareiro é o libro de poemas de referencia dese escritor que, daquela, emerxía para a literatura galega.
Ramón Cabanillas (1876-1959) foi unha figura clave da literatura galega e a súa obra obtivo axiña tanto o recoñecemento popular, como académico.
En Vento mareiro estamos ante un libro que constitúe unha verdadeira encrucillada porque dá conta de todas as liñas que se prolongan no tempo na obra do autor cambadés. Desde a pluralidade temática e compositiva, Cabanillas atesoura neste libro a dicción contida, a chamada á loita agraria, pero tamén a sentimentalidade tardorromántica e idealista. Pertence, este título tan emblemático, a unha etapa do poeta caracterizada pola poesía cívica, reivindicativa e anticaciquista
A coidada edición de Vento mareiro que publicou Xerais na colección Biblioteca das Letras Galegas foi responsabilidade do poeta Ramiro Fonte. A edición que está incluída na súa Poesía galega completa (publicada na colección Clásicos) foi preparada polos especialistas e profesores de literatura Xosé Ramón Pena e por Xosé María Dobarro. Manuel Bragado, director de Xerais, tamén publicou en Brétemas un texto sobre o centenario que pode lerse neste enlace.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...