A proposta editorial da USC estrea unha Serie Científica da Biblioteca de Divulgación co libro Antimateria, magia y poesía, do que son autores o profesor de Física Teórica da USC José Edelstein e o doutor en Física Andrés Gomberoff.
A filosofía dos especialistas da USC coa que nace a Serie Científica da Biblioteca de Divulgación é achegar de xeito ameno e accesible os temas candentes da ciencia actual. É unha iniciativa que busca poñer a masa crítica da USC ao servizo da sociedade e o gran público a través da súa capacidade divulgadora sobre cuestións científicas, abordándoas cunha linguaxe clara, directa e accesible.
Esta aposta editorial abre unha porta no mundo universitario orientada especificamente a
transmitir o activo da investigación científica xerada nas áreas naturais, técnicas, experimentais,
da saúde ou as enxeñarías nunha linguaxe clara, directa e accesible ao público xeral, “estimulando
á dinamización e á divulgación da ciencia contemporánea en temas que, tratados doutro xeito, só
poderían chegar a públicos especializados”, explicaron os seus promotores.
O primeiro volume que estrea esta Serie Científica é, en palabras do prologuista, o profesor da Universidade de Barcelona Jorge Wagensberg, “unha viaxe polos cumios e as profundidades da física actual”. Unha das dificultades asociadas ao percorrido literario proposto polos autores radica na propia natureza do obxecto de estudo xa que a física moderna “se interesa por unha realidade cada vez máis invisible: invisible por pequena (moléculas, átomos, partículas,...), invisible por rápida (valocidade da orde da da luz), invisible por profusa e complexa”. Segundo Wagensberg, ao longo do texto, as ideas da física moderna rozarán a filosofía, a estética ou o método científico.

Ningún comentario:
Publicar un comentario