7.10.14


Alabardas: a novela que José Saramago deixou inconclusa
 
É unha reflexión sobre a industria do armamento e o tráfico de armas. Conta a historia de Artur Paz Semedo, un home fascinado polas pezas de artillaría e gris empregado nunha fábrica de armamento, que emprende unha investigación na súa propia empresa, incitado pola súa exesposa, unha muller con carácter, intelixente e pacifista. A evolución do pensamento do propio protagonista serve para reflexionar sobre o lado máis oculto da política internacional, un mundo de intereses soterrados que subxace á maior parte dos conflitos bélicos do século XX.
Fernando Gómez Aguilera e Roberto Saviano dan continuidade ás páxinas que deixou expostas José Saramago e ofrecen o seu particular punto de vista sobre as cuestión. A edición acompáñase das ilustracións de Günter Grass

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...