Morre aos 88 anos a escritora Ana María
Matute
O
día 24 deixounos Ana María Matute aos 88 anos en Barcelona, unha das
grandes escritoras españolas da posguerra. Premio Cervantes e membro da
Real Academia, Ana María Matute, acababa de entregar súa ultima obra
"Demonios familiares".
É considerada unha das grandes figuras da literatura española da posguerra, Ana María Matute tivo tempo de entregarlle á súa editorial o seu último traballo "Demonios familiares".
A súa literatura realista, fantástica e infantil deixounos obras como "Os Abel", "Pequeno Teatro" e "Olvidado Rei Gudu", e tivo o recoñecemento dunha morea de premios que van desde o Planeta que logrou en 1954 ata o máximo galardón das letras españolas, o Premio Cervantes que recibiu no ano 2010.
Catorce anos antes, en 1996, fora elixida membro da Real Academia Española da Lingua. A nena, que comezou a escribir con cinco anos, recordaría moito tempo despois que a palabra era o máis fermoso que se creara.

Ningún comentario:
Publicar un comentario