8.5.14



Xantar celebrado polo Sporting Club no parque do Leirón en honor de Sofía Casanova. En primeiro plano á esquerda, o médico Rodríguez, logo un home non identificado, Sofia Casanova e á dereita, Andrés Martínez Salazar (30 de xullo de 1919).


     Trasladada a Madrid na súa mocidade, Sofía Casanova coñece na Corte ao nobre, filósofo e patriota polaco Wincenty Lutoslawsky con quen casa en 1887, e con quen ha compartir, ao longo de toda a súa vida, a militancia na causa da emancipación nacional de Polonia, un país daquela baixo o dominio conxunto de Prusia, Rusia e Austria-Hungría, que repartiran os seus territorios.

        Durante as súas estancias na súa Coruña natal na década dos noventa, Sofía Casanova, dominadora de varios idiomas e xa unha xornalista recoñecida internacionalmente, entra en contacto co círculo de escritoras do que formaban parte Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais e Fanny Garrido, e coñece tamén o grupo galeguista reunido na Librería Regional arredor de Murguía, a Cova Céltica. Durante estes anos, Casanova vai ir publicando as súas primeiras obras de carácter literario, como as novelas El Doctor Wolski (1894) e Sobre el Volga helado (1903), ou o poemario Fugaces (1898).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...