9.4.14



Morre aos 93 anos o actor Mickey Rooney


 A de Mickey Rooney foi un vida entregada case por enteiro ao mundo do espectáculo. Con só seis anos facía o seu debut na gran pantalla. O éxito non tardaría en chegarlle. Acadou fama interpretando o papel de Andy Hardy, prototipo do adolescente americano feliz e despreocupado, a quen lle puxo cara repetidamente nunhas 20 películas. Pero a súa carreira proxectouse máis aló dese papel de eterno adolescente. Compartiu elenco con grandes estrelas como Judy Garland, Elizabeth Taylor e Spencer Tracy. En catro ocasións foi candidato aos premios da Academia, aínda que o recoñecemento de Hollywood tardaría en chegarlle. En 1983, recibiu un Óscar honorífico polos seus 50 anos de carreira. Pero Mickey Rooney seguiu traballando ata o final. As súas últimas secuencias rodounas hai apenas un mes, o colofón dunha vibrante traxectoria de máis de 80 anos no mundo do cine.
  http://www.crtvg.es/informativos/morre-aos-93-anos-o-actor-mickey-rooney-790463

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...