27.2.14



Morre Paco de Lucía, o xenio da guitarra flamenca 
De repente e en México, falecía esta madrugada Paco de Lucía, renovador do flamenco, xenio da guitarra, mestre de xeracións e un dos grandes da música mundial. 

O de Paco de Lucía é un dos que, co de Camarón, convertéronse en nomes de culto na música flamenca. Nacido en Alxeciras (Cádiz) en 1947 con só vinte anos viu a luz o seu primeiro disco en solitario, “La fabulosa guitarra de Paco de Lucía” que faría xa del con tan curta idade un dos grandes da música e unha verdadeira revelación no mundo do flamenco. Antes, cando seu irmá e con só sete anos, xa asinara un disco con tan só catorce anos asinado como “Los chiquitos de Algeciras”. 
A música tíñaa na casa, coa súa nai Lucía Gómez “A Portuguesa” e seu pai  e mestre de guitarra Antonio Sánchez. Tamén os seus irmáns dedicaríanse ao flamenco de maneira profesional. 
Os grandes teatros abríronse a súa música nos anos setenta e a súa fama reventou de vez cando fixo dúo con Camarón en máis de dez discos conxuntos, “El Duende Flamenco” entre eles. 
Coa morte de Camarón, Paco de Lucía sufriu unha forte crise que mesmo o levou a afastarse da música durante un tempo, parada que non sería a única na súa traxectoria e que rompeu de vez con aquel “Cositas Buenas” do 2004 que se convertiría nun dos seus discos máis valorados. 
Case todos os premios posíbeis locían na súa traxectoria, desde o Grammy ate a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes. Xunto con Camarón levaron ao flamenco a súa cima máis popular, rompendo todas as fronteiras e renovando desde o absoluto respecto as súas raíces.
http://www.sermosgaliza.com/articulo/cultura/morre-paco-lucia-xenio-da-guitarra-falamenca/20140226125425024648.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...