13.2.14


Un documental recolle a historia do teatro galego dende a posguerra

Os actores Tuto Vázquez e Mariajo Mosteiro son o fío condutor da cinta Xosé Manuel Vázquez non quería ser mariñeiro como a maioría dos seus amigos e veciños da súa Ribeira natal. Así que se fixo actor. Como Tuto Vázquez representou ducias de obras e foi nun rostro popular da televisión grazas aos seus papeis en Mareas vivas ou Padre Casares, ata o seu pasamento no 2010. «Cando nun espectáculo tiña que vestirse de forma estrafalaria ou representar unha función nun lugar afastado da civilización, sempre dicía: ?o que hai que facer para non ir ao mar!?», lembra o seu fillo Iago. A frase sintetiza o ambiente teatral que vivía en casa xunto coa súa irmá Uxía -a nai, Mariajo Mosteiro, tamén era actriz- e agora dá título ao documental que percorre a historia da escena galega da segunda metade do século XX co fío condutor do traballo dos seus pais. O que hai que facer para non ir ao mar! arranca na posguerra cos pioneiros -«eran uns valentes: sacrificaban horas coa familia e gastaban moito diñeiro para facer un teatro amateur que xa non existe», lembra Vázquez- ata chegar á a creación do CDG e as compañías actuais. 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2014/02/13/documental-recolle-historia-do-teatro-galego-dende-posguerra/0003_201402G13P45991.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...