13.2.14



Ponte... nas Ondas! 

 

Celebra o Día da Radio


AS RADIOS ESCOLARES PROTAGONIZAN UNHA XORNADA EN PONTEVEDRA. Hoxe  13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio. A celebrar esta efeméride Ponte... nas ondas! convoca unha xornada en Pontevedra que se centrará nas radios escolares. A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acolle a partir das 17 horas o "radiovisual" Na Ponte, un evento conducido por Xurxo Souto e Rocío Pereira que repasa dúas décadas de traballo da asociación da man de múltiplos colaboradores e convidados. Ademais, de xeito paralelo, preséntase canda á Asociación Internacional de Radios Educativas un manifesto no que se reivindica a importancia das radios escolares na formación dos alumnos e se reclama a creación dunha canle radiofónica específica para estes proxectos.http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=23850&soportal=

Programa recomendado na radio:  http://www.rtve.es/alacarta/audios/el-ojo-critico/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...