27.1.14

A NASA felicita o 2014 facendo resumo do ano 2013. Este foi un ano moi especial para a axencia espacial dos EUA. Á competencia da ESA, súmanse novos actores no espazo, como China, que ven de poñer astronautas en órbita e enviar unha sonda á Lúa. Ó tempo, xurden competidores privados, como SpaceX, que coa súa cápsula “Dragón” foi quen de acoplarse á Estación Espacial Internacional.
O “Curiosity” segue a atopar indicios de que Marte poido acoller vida. Ó planeta roxo viaxou tamén a sonda Maven. E comezan plans para ver de “capturar” un asteroide. Así foi 2013 segundo a NASA, nun espectacular vídeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...