Ourizos, nenos e molesquines
O ESCRITOR SÉCHU SENDE
PUBLICA DIXITALMENTE ÁLBUMES ILUSTRADOS
O escritor e profesor de secundaria Séchu Sende gustaba de deseñar desde
sempre, pero a produción de álbumes ilustrados e dixitalizados é dos últimos
catro cinco anos. A práctica do sketching por parte de Séchu (unha
tendencia creativa de moda consistente en compartir borradores dixitais) nace
“por unha necesidade de compartir estes impulsos creativs coa com unidade á que
pertenzo”. Os libros de Séchu están cheos de experiencias cotiás, moi íntimas,
“pero estou vendo que a miña ollada identifícase coa de máis xente”. Ás veces,
mesmo parecen crónicas ou reportaxes, ao recolleren as declaración de
participantes en asembleas de formación de escolas. “Ultimamente estou lendo
moitísima banda deseñada e novela gráfica e aprendendo delas, e se cadra vén de
aí”. Unha vez escaneados e publicados, Séchu outórgalles licenzas Creative
Commons para facilitar a súa distribución.
“Quero que sexan accesibles”, afirma Sende, “porque se se imprimiran en papel
serían moi caros tanto para as editoras como para os compradores”, aínda que
algún destes cadernos, en concreto Falarás a nosa lingua pode que acade
unha versión en papel. Preguntámoslle a Séchu Sende por que aparecen ourizos de
continuo na súa obra. “É un símbolo que me persigue desde hai tempo e non me
dou librado del, pero de entre todos os ourizos, eu quédome con aqueles que son
capaces de cruzar a estrada e salvar da morte”.
Os libros de Séchu Sende representan un universo de pequenas cousas: nenos
durmindo, a natureza do Courel, os recordos de infancia, os animais desvalidos, moleskines xaponesas.
Os álbumes ilustrados
de Séchu Sende
Ningún comentario:
Publicar un comentario