30.12.13

Cantares para Rosalía

O 21 de marzo o Consello da Cultura Galega celebrou un recital moi singular. 150 anos despois da edición de Cantares Gallegos, nove poetas galegas "cantaron e homenaxearon" a Rosalía de Castro, "nun íntimo e persoal diálogo cos seus versos aurorais". O recital presentarase este 26 de decembro, canda o resto de accións do CCG en relación ao ano Rosalía de Castro. culturagalega.org vaite levar da man de Rosalía de Castro e estas nove poetas ata o ano 2014.
O libro "Cantares para Rosalía. Nove poetas galegas dialogan cos seus versos" contén o recital en audio e a transcrición deste. As nove poetas participantes foron Lupe Gómez Arto, Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán, Olalla Cociña, Xiana Arias Rego, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Lorensa Souto e Ana Romaní.

 

LUPE GÓMEZ ARTO E LUZ POZO GARZA


MARÍA XOSÉ QUEIZÁN E OLALLA COCIÑA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...