ALBERT CAMUS
O
7 de novembro sería o cumpleanos de Albert Camus, un dos máis célebres escritores
franceses. A súa fama non coñeceu as fronteiras contra as que el loitou. Fillo
de emigrantes alsacianos por parte de pai e españoles por parte de nai, naceu
en Alxeria en 1913 a onde o seu pai, un dos chamados "pieds noirs"
("pés negros"), fora buscando un medio de gañar a vida que despois
perdeu na guerra.
De ideoloxía
anarquista e rasgos literarios existencialistas, Albert Camus caracterizouse
polo seu compromiso político e social:
- o 8 de agosto
de1945, foi o único intelectual occidental que denunciou o uso das bombas
atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki.
- en 1956,
pronuncia o seu polémico descurso contra os abusos cometidos sobre a poboación
civil durante a guerra de Alxeria e demite da Unesco en protesta pola admisión
da España franquista.
- en 1957, élle
outorgado o premio Nobel de Literatura que el dedica ao seu mestre da Primaria,
Louis Germain, por terlle dado clases gratuitas e ter presionado á súa avoa
materna para que continuase os estudios malia a oposición desta.
Velaquí as súas
obras máis reputadas que, desde este departamento, recoméndase ler:
- L'Étranger - O
Estranxeiro. 1942.
- La Peste - A
Peste. 1947.
- La Chute - A
Caída. 1956.
Albert Camus
faleceu en accidente de circulación en Francia en 1960, cando só tiña 46 anos.
De seguido un
precioso fragmento de O Estranxeiro, que non podo evitar ofrecer en francés
dada a súa beleza, acompañado da traducción. O protagonista acaba de matar a
tiros a un home:
J'ai compris que
j'avais détruit l'équilibre du jour, le silence exceptionnel d'une plage où
j'avais été heureux. Alors, j'ai tiré encore quatre fois sur un corps inerte où
les balles s'enfonçait sans qu'il y parût. Et c'était comme quatre coups brefs
que je frappais sur la porte du malheur.
Comprendín que
destruíra o equilibrio do día, o silencio excepcional dunha praia onde fora
feliz. Daquela aínda disparei catro veces máis sobre un corpo inerte no que as
balas se afundían sen máis. E iso foi como petar catro veces na porta da
desgracia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario