A Esmorga
A Esmorga comezará a rodarse nas vindeiras semanas na cidade de Ourense. Esperamos que este proxecto cinematográfico sexa un éxito e permita a moitas máis persoas de dentro e fora de Galicia coñecer un gran clásico da literatura de nós como é a Esmorga.
A obra de Eduardo Blanco Amor chegará á gran pantalla da man do director Ignacio Vilar e da produtora Vía Láctea Filmes. A Consellería de Cultura e Educación, a través da AGADIC, destina a este proxecto preto de 335.000 euros en concepto de axudas á produción ou coprodución audiovisual en lingua galega con decidido contido artístico e cultural.
o filme A Esmorga conta cun gran equipo de profesionais e polo tanto, estou seguro de que lograrán crear unha película á altura que a obra de Blanco-Amor merece”.
Ao acto de presentación asistiron tamén o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; o director do filme, Ignacio Vilar; o director da Editorial Galaxia, coprodutora do filme, Víctor Freixanes; e representantes da Agadic, a TVG e a TVE, entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario