31.10.13

O portal http://www.galiciantunes.com/ é para a promoción da música galega no exterior, co obxectivo de ofrecerlles aos artistas, grupos, asociacións e empresas do sector unha ferramenta útil para potenciar a difusión internacional do seu traballo. Con  plataforma en Internet, dáse un importante paso adiante no impulso desta marca cara ao fomento dunha imaxe compacta e de calidade da industria musical galega. Agrúpanse baixo ela institucións, asociacións e empresas musicais, que empregan este selo para a realización de diferentes accións promocionais e para a participación conxunta en eventos e mercados internacionais.
Unha web que ten como obxectivo ser un referente dentro da estratexia global de internacionalización da nosa música, funcionando tanto de altofalante da actualidade musical galega no exterior, como de canle para o achegamento aos nosos artistas e compañías por parte dos profesionais e públicos foráneos, deste xeito conta con versións en galego, español e inglés, que se activan automaticamente segundo o idioma no que estea configurado o navegador do usuario.

O portal acolle un total de 137 artistas e grupos de todos os estilos, que á súa vez reúnen referencias a 230 traballos discográficos e dan acceso á reprodución en liña de 260 vídeos musicais. Ademais da información directa sobre cada unha destas bandas e solistas, as fichas redirixen ás webs promocionais, redes sociais, aplicacións de reprodución en streaming e portais de venda de música en liña que estean dispoñibles en cada caso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nova Hora de Ler (2º trimestre)

⚠️📣 Volve a #Horadeler ao IES Cabo Ortegal! Podedes consultar nas portas das vosas aulas o calendario completo para #segundotrimestre 🗓️...