19.10.13

O galego MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO, Premio Nacional de poesía 2013.

Os ángulos da brasa xa recibira o Premio da Crítica e fora elixido o mellor poemario do 2012. Este ano o seu autor, Manuel Álvarez Torneiro, o Premio Nacional de Poesía, un galardón concedido polo Ministerio de Cultura e dotado con 20.000 euros. A obra, publicada na colección Tambo, agora ao abeiro do selo Faktoría K, é definida polo seu autor «como un libro da memoria». «Penso que este libro non é un produto estándar, nin frívolo, nin lúdico nin simplista, que incide nunha realidade que é tan persoal como plural», declarou en maio. Na súa publicación, a crítica saudou Os ángulos da brasa como unha achega relevante na traxectoria como poeta de Álvarez Torneiro, na que destacan títulos como Setembro Stradivarius ou Epicentro, e que mereceu premios como o Esquío ou o González Garcés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Adopta un libro (Edición Cariño)

⚠️📣 A Biblioteca Municipal do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨 e o 𝗜𝗘𝗦 𝗖𝗮𝗯𝗼 𝗢𝗿𝘁𝗲𝗴𝗮𝗹 promoven esta iniciativa de integrac...