O Instituto Cervantes, o Consello da Cultura Galega e a Xunta de
Galicia organizan os próximos 22, 23 e 24 de outubro na sede central do
Instituto Cervantes en Madrid, unha homenaxe á poeta e novelista Rosalía
de Castro con motivo dos 150 anos da publicación da súa emblemática
obra «Cantares galegos». Conferencias, debates e un concerto a cargo de
Amancio Prada son os actos que se realizarán. O ciclo Rosalía de Castro:
Tradición e modernidade componse dun conxunto de conferencias,
coordinadas polo crítico Anxo Basanta, nas que intervirán os poetas Luis
García Montero, Luis Alberto de Cuenca e Arcadio López Casanova, e os
escritores Carlos Reigosa e Mariña Maioral. Ao ciclo súmaselle un
concerto do compositor e cantante Amancio Prada sobre a obra de Rosalía
de Castro. Luis García Montero, Premio Nacional de Poesía, será o
encargado de realizar a conferencia inaugural o 22 de outubro, ás 19.00
h. Posteriormente, ás 20.30 h, o compositor e cantante Amancio Prada
pechará a xornada cun concerto en homenaxe á escritora galega.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Nova Hora de Ler (2º trimestre)
⚠️📣 Volve a #Horadeler ao IES Cabo Ortegal! Podedes consultar nas portas das vosas aulas o calendario completo para #segundotrimestre 🗓️...
-
2013, ANO DAS MATEMÁTICAS DO PLANETA TERRA mathematics O ano 2013 foi declarado o Ano das Matemáticas do Planeta Terra polos insti...
-
Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...
-
Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Mendiño (Redondela), en colabora...
Ningún comentario:
Publicar un comentario