Patria
común. Delibes ilustrado é a exposición que percorre o
universo de Miguel Delibes en quince seccións que recollen as constantes da
visión sobre os nenos na obra do autor.
Desde o 5 de febreiro até o 31 de marzo pódese gozar
desta exposición no Museo ABC de Debuxo
e Ilustración de Madrid e percorrerá o mundo da man do Instituto
Cervantes, a través da súa rede de centros durante 2013 e 2014.
Patria
común. Delibes ilustrado é unha iniciativa impulsada pola
Fundación Miguel Delibes, coa colaboración das entidades que acollen o proxecto
nas súas sedes.
Miguel Delibes tivo unha visión moi próxima á
infancia, e soubo reflectir en todas as súas obras a idea do neno e dos seus pensamentos.
Delibes creou personaxes infantís que agora ven reflectidos nesta exposición
que fala de temas tan complexos como o respecto á natureza, a vida na cidade, o
progreso, a amizade, o amor, ou a traizón.



Ningún comentario:
Publicar un comentario