4.5.12


MUNCYT, ESCAPARATE DA CIENCIA


O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt), inagurado hoxe na Coruña, abrirá as súas portas ao público o próximo 1 de xuño cunha colección integrada por 14.000 pezas. Antes, este sábado, haberá unha xornada de portas abertas,coincidindo con o “ XVII día da ciencia na rúa”, e durante o mes de maio visitas para escolares.



En total, o Muncyt conta cunha colección de 14.000 pezas, sobre unha temática diversa que se dará a coñecer en diferentes salas de exposición, das que agora se abren seis. Así, poderanse contemplar patentes; aparellos electrodomésticos; obxectos de gran tamaño como unha lanterna de faro que funcionou na Torre de Hércules durante a segunda metade do século XIX; proxectores de películas ou coñecer os profesionais recoñecidos co Premio Jaime I de Investigación Básica.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recomendacións de Nadal (II)

MAIS RECOMENDACIÓNS DE NADAL! Ángel, o noso profesor de Filosofía, non nos recomenda un libro, senón unha colección enteira!! Anímaste a ler...