2.5.12


'A GALICIA DO GALICIA'

A Fundación Barrié inaugura hoxe na Coruña a exposición 'A Galicia do Galicia' (1922-1926)coa que pretende homenaxear ao xornal Galicia e ao seu director Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra 1898-Vigo 1987). A mostra  poderá visitarse até o 1 de xullo.


A Fundación Pedro Barrié da Maza súmase con esta iniciativa á celebración do Día dás Letras Galegas, dedicado a Valentín Paz-Andrade, político, empresario, investigador, poeta e editor. A través de debuxos, carteis, documentos, publicacións, cartas, obxectos persoais, fotografías, audiovisuais e caricaturas, a maioría inéditos, e exemplares orixinais do xornal, a mostra rende unha homenaxe a unha das cabeceiras de prensa máis modernas e significativas da historia xornalística de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recomendacións de Nadal (II)

MAIS RECOMENDACIÓNS DE NADAL! Ángel, o noso profesor de Filosofía, non nos recomenda un libro, senón unha colección enteira!! Anímaste a ler...