‘ORIXES DO CÓMIC EN GALICIA’
A Consellería de Cultura e Educación propón unha
viaxe pola historia da banda deseñada galega a través da exposicón ‘Orixes do
cómic en Galicia’
O secretario xeral de Cultura presentou esta mañá a
mostra instalada no Cidade da Cultura, que recolle por vez primeira o traballo
de 50 ilustradores galegos de finais do século XIX e comezos do XX
A mostra, comisariada por Rosario Crespo, inclúe
desde a primeira tira cómica en galego ata ilustracións de Camilo Díaz Baliño,
viñetas de Maside, manuscritos de Risco ou historietas de Castelao guionizadas
por Ramón Cabanillas
De xeito paralelo á exposición, a Consellería pon en
marcha un concurso de banda deseñada que terá como escenario do traballo o
complexo do Gaiás.
Ningún comentario:
Publicar un comentario