García
Márquez cumpre 85 anos
García Márquez, o mago, o nobel colombiano que hipnotizó ao mundo coas súas historias
desde unha aldeíña do Caribe, cumpre hoxe, 85 anos. E, para celebralo, o
seu libro máis emblemático, "Cen anos de soidade", estará este mesmo
día en formato dixital, outra fantasía para os de Macondo.
E é que,
ademais, cúmprense 45 anos da publicación de "Cen anos de soidade", a
obra que naceu en Macondo, ese territorio fabulado por un dos mellores
escritores do mundo ao redor da saga dos Buendía, nun Caribe cheo de
supersticiones, pantasmas, angustias e alucinacións, onde todo pode ocorrer
baixo a choiva e onde nada é imposible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario