20.3.12


EINSTEIN XA ESTÁ EN INTERNET

 A Universidade Hebrea de Xerusalén expón desde hoxe en Internet todo o legado documental de Albert Einstein. Unhas 7.000 páxinas con documentos persoais e obras científicas do creador da teoría da relatividade xa poden consultarse no sitio www.alberteinstein.info, unha cifra que irá crecendo ao longo do ano até chegar a 80.000, nunha iniciativa na que participan a editorial da Universidade de Princeton, que publica en papel os traballos do investigador, e o Einstein Papers Project (EPP) do Instituto Tecnolóxico de California, que os edita.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recreos de medo (anuncio)

Chegan os recreos de medo! A Biblio, o Equipo de Dinamización Lingüística e O Club de Ciencias preparamos varias actividades para este Samaí...