8.3.12


8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER


O 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Esta data, recoñecida polas Nacións Unidas, conmemora a loita das mulleres polos seus dereitos á igualdade cos homes en todos os ámbitos, -social, laboral, ideolóxico...-



A idea de celebrar esta efemérides xurdiu en plena revolución industrial e co auxe do movemento obreiro, a finais do século XIX, aínda que xa durante a Revolución Francesa (1789) os franceses coreaban a soada lema de Liberdade, Igualdade, Fraternidade! esixindo o sufraxio feminino. En España tal dereito conseguiuse en 1931; non sería até 1977 cando se lograría, ademais, o sufraxio "universal" (sen discriminación por razón de raza, principalmente).



Á marxe dos innegables logros sociais e políticos obtidos para favorecer a igualdade entre homes e mulleres, aínda queda moitísimo por facer, sobre todo no aspecto ideolóxico. Cambiar a visión que se ten sobre a muller depende, en gran medida, da educación.

Educar para a non discriminación e contra o sexismo, pero educar desde casa, nas aulas, na rúa. Porque os pequenos detalles fan a diferenza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...