10.2.12

LA FERIA DE LAS CIENCIAS DE GOOGLE



UNHA EXCELENTE MANEIRA DE FOMENTAR O PENSAMENTO CIENTÍFICO E CREATIVO NOS NOSOS ALUMNOS.
"La Feria de las ciencias" de Google é un concurso de ciencias online que busca mentes inquietas de todos os recunchos do planeta. Pode participar calquera persoa interesada que teña entre 13 e 18 anos de idade. Só tes que ter unha idea.
Está moi ben exposto e resulta motivador para os alumnos, familias e profesores. Trátase de facerse unha pregunta, lanzar unha hipótese e elaborar os experimentos necesarios para apoiala. Ofrece exemplos, proxectos desenvolvidos e itinerarios para aprender a exporse as cuestións seguindo un modelo científico.  Google comprométese a levala a cabo en caso de ser posible. Os premios son de 50.000$ en varias categorías, unha viaxe de carácter científico ás Illas Galápagos no National Geographic Explorer, bolsas únicas e oportunidades de traballo en centros científicos de excelencia tan icónicos como o CERN de Suíza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...