O poeta chileno Nicanor Parra, gañou o premio CERVANTES 2011.
É o escritor máis veterano en recibir esta distinción. Parra (San Fabián de Alico, Chile, 1914), creador da corrente chamada antipoesía, é irmán da soada cantautora Violeta Parra, falecida en 1967. Académico chileno, matemático e físico.Despois de publicar en 1937 Cancionero sen nome, moi influído polo popularismo de Federico García Lorca, chegou en 1954 o libro que marca a súa obra e parte da poesía latinoamericana da segunda metade do século XX, Poemas e antipoemas. Posteriormente, Versos de salón ,1962 en 1977 viu a luz Sermóns e prédicas do Cristo del Elqui.
Ningún comentario:
Publicar un comentario