16.12.11

FERNÁNDEZ PAZ NA BEST EUROPEAN FICTION 2012


Publicouse xa o libro Best European Fiction 2012, onde aparece o relato «This Strange Lucidity», de Agustín Fernández Paz, pertencente ao libro O único que queda é o amor.

Agustín Fernández Paz é  o primeiro autor galego incluído na Best European Fiction (Mellor narrativa europea) que publica a editorial estadounidense Dalkey Archive Press. Fernández Paz aparece co conto Esta eXtraña lucidez, pertencente ao volume O único que queda é amor, libro que xa lle valera ao autor galego o Premio Nacional e que Jonathan Dunne traduciu ao inglés. A Dunne, precisamente, agradécelle Fernández Paz o feito de entrar nesta antoloxía, "unha persoa que tanto está a facer pola difusión da Literatura galega"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Marcapáxinas para celebrar o Día do Libro

⚠️📣 Para conmemorarmos o #DíadoLibro as alumnas voluntarias da biblioteca fixeron uns #marcapáxinas para toda a comunidade educativa. Nos...