Os xogos de internet poden aumentar o interese dos nenos polas matemáticas. O último en o defender é un profesor da Universidade de Oxford afeizoado ao futbol que xoga co número primo 17 na sua camisola e utiliza a danza para demostrar teoremas.Marcus du Sautoy segura que hai "unha crise real" no ensino das matemáticas nos coléxios de secundária de Grande Bretaña, aos que asisten alumnos de entre 11 e 16 anos, onde os estudiantes inicialmente entusiastas "perden interese e acaban aburriéndose".
A súa resposta é unha deslumbrante páxina web de matemáticas que utiliza xogos recreativos para ensinar aos nenos temas como xeometria e ecuacións.
Denominado Manga High e ilustrado ao estilo dun cómic japonés, o sítio web www.mangahigh.com oferece ao visitante esporádico xogos gratuitos pero tamén un curso de matemáticas para abonados.
Du Sautoy é asesor do sítio web, criado polo empresario Toby Rowland, co fundador de King.com, unha das maiores firmas de xogos por internet.
Ambos coñecéronse na Universidade de Oxford cando Rowland, catro anos menor que Du Sautoy, estaba a buscar consello sobre como organizar un baile de gala.
XOGOS 'DESAFIANTES'
Du Sautoy dixo que o propósito era que os xogos fosen "desafiasen realmente aos nenos en matemáticas" e non só fosen aritmética mental.
Unha série de escolas en Londres e en Tennessee, en EEUU, están a probar o sítio web, que inclue un xogo denominado "Save Our Dumb Planet" ("Salvar a nosa estúpida planeta", en inglés), onde os nenos teñen que introducir coordenadas nun gráfico para apontar un mísil cara un asteroide que se dirixe á Terra.
"Creo que os profesores están moi impresionados pola profundidade das matemáticas que conseguimos integrar nestes xogos. Só podes obter unha pontuación alta se empregas as matemáticas", dixo Du Sautoy.
O profesor de Oxford dixo que o xogo era un bon exemplo do tipo de matemáticas que utilizan de verdade os científicos, neste caso para trazar o curso dunha nave espacial a través do sistema solar.
Du Sautoy escribe artigos académicos, foi presentador dunha série de televisión para a BBC sobre a história das matemáticas, escrebiu libros populares de ciéncia sobre números primos e simetria, e unha vez subiu a un escenario para probar, bailando, a irracionalidade da raiz cuadrada de tres.
(nova publicada no web hoytecnología.com)
Ningún comentario:
Publicar un comentario