5.6.26
Books in a Box
⚠️📣 O alumnado de #Inglés de #2ºdeESO fixo unha exposición na biblioteca dos seus #bookinabox dos #librosdelectura 📚.
4.6.26
Flora do Xeoparque Cabo Ortegal (Bioloxía - 1º de Bacharelato)
⚠️📣 O alumnado de #Bioloxía de #1ºdeBach fixo unha exposición de especies autóctonas da #flora do #XeoparqueCaboOrtegal no lateral exterior da biblioteca.
Animádvos a velo!
#bescolaresgal
.
.
.
.
.
💭@nahiateijeiro_ @maaraacastro_
1.6.26
O xornal dos superviventes de 1º
⚠️📣 Chega unha nova publicación ao noso centro: “O xornal dos superviventes de 1º”.
O alumnado de #1ºdeESO da materia de #ProxectoCompetencial elaborou este novo xornal.
Podedes lelo en liña a través do #códigoqr ou ver os exemplares que hai polo centro, un deles, na biblioteca.
#bescolaresgal
29.5.26
Novos xogos na Biblioteca
⚠️📣 Estas son as últimas #novidades da biblioteca no que a #xogosdemesa se refire, adquiridas grazas ao #PLAMBE2526.
Vide desfrutar deles e pasade un momento divertido cos vosos compañeiros e compañeiras! 🥳
#bescolaresgal
22.5.26
Recreos lúdicos na Biblioteca
⚠️📣 Durante os últimos catro últimos venres do curso tivemos na biblioteca as xornadas de #recreosdexogos.
Estas xornadas enmárcanse dentro do #PFPP, mediante o que o profesorado se forma sobre distintos cuestións.
19.5.26
Scape Room de 2º de ESO
⚠️📣 O alumnado de #ProxectoCompetencial de #2ºESO leva preparando durante este trimestre un #ScapeRoom para facer co resto do alumnado por todo o centro.
E andiveron a procurar pistas polos estantes e os libros da nosa biblioteca 🔎.
#bescolaresgal #alumnadocreativo
18.5.26
Roteiro polas conserveiras de Cariño
⚠️📣 E despois do #microaberto de Pablo Fraguela durante o recreo, as alumnas de #Francés de 1º de Bach foro pola vila na procura dos restos e localizacións das diferentes conserveiras que nela había.
Unha marabilla o poder (re)descubrir a historia socioeconómica da nosa comunidade!
#bescolaresgal #historiadunhavila #conserveiras
17.5.26
Micro aberto: Pablo Fraguela
⚠️📣 E mañá teremos a visita de Pablo Fraguela nun #microaberto durante o recreo. Falaranos da historia da vila e das múltiples conserveiras que nela había.
Non o perdades e vide á biblio ás 11, durante o recreo!
#bescolaresgal #historiadunhavila #conserveiras
11.5.26
Adopta un libro (Second Edition)
⚠️📣 A campaña #Adoptaunlibro inciado cos exemplares de expurgo da nosa biblioteca, saíu á vila co apoio do #ConcellodeCariño durante o mes de abril e coincidindo co #DíadoLibro📚.
A partir de hoxe podedes contar tamén cun punto desta campaña no #BarBaía,
onde poderedes coller un exemplar, levalo para casa, intercambialo por
outro que consideredes ou lelo mentres facedes unha consumición 🧃🥤.
Así que moitas grazas a Lina e Andrés por nos ceder este espazo e así poder facer chegar a máis xente esta iniciativa 🫂.
Ademais,
tamén contades cos marcapáxinas elaborados polas voluntarias da
Biblioteca para a celebración do Día do Libro e que podedes levar a
vontade 😍.
#bescolaresgal
27.4.26
Recomendacións do mes de abril
⚠️📣 O #alumnadovoluntario da biblioteca, a través da #Ortegalura,
volveu facer unha pescuda entre os seus compañeiros e compañeiras de 2º
de Bacharelato para as recomendacións deste mes de abril que agora
remata.
- 🎬 A lingua das bolboretas
- 📖 Cartas de inverno
- 🎧 Esta vida pide outra
#recomendaciónsdomes #bescolaresgal
24.4.26
Marcapáxinas para celebrar o Día do Libro
⚠️📣 Para conmemorarmos o #DíadoLibro as alumnas voluntarias da biblioteca fixeron uns #marcapáxinas para toda a comunidade educativa.
Nos vindeiros días poderedes coller o exemplar que máis vos guste nos postos da vila en que se densevolve a campaña #Adoptaunlibro.
Bulide e non quededes sen el!
🎨 Moitísimas grazas e parabéns ás artistas 👩🏼🎨!
#alumnascreativas #bescolaresgal
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Recreos de xogos
⚠️📣 Comezan no IES Cabo Ortegal os #Recreosdexogos!!! Durante os recreos do primeiro #mércores de cada mes, xogaremos na biblioteca a un ...
-
2013, ANO DAS MATEMÁTICAS DO PLANETA TERRA mathematics O ano 2013 foi declarado o Ano das Matemáticas do Planeta Terra polos insti...
-
Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...
-
Obradoiro de música tradicional Nesta véspera do Día das Letras Galegas recordamos o obradoiro de música tradicional que tivo lugar o pasa...