20.5.25

Concerto de Amoebo


Amoebo en Cariño!



No marco do Mes das Letras Galegas, este venres 23 de maio todo o centro acode ó Auditorio de Cariño para asistir a un concerto de Amoebo 🎸🎤

Amoebo é un grupo de música urbana formado por Aron e David que se alimenta do pop Idol dos anos 80 ós 2000, mesturando sons e ritmos actuais con rock, metal e synthpop de antano. No seu espectáculo únense festa, diversión sen prexuízos e bailes desmedidos, que reflicten temáticas que tocan o día a día da mocidade galega. Con esta proposta, Amoebo busca romper estereotipos tanto na música coma no espectáculo que trae para a comunidade educativa do IES Cabo Ortegal.

O seu traballo xa pasou por festivais como O Son do Camiño, o Atlantic Pride, o Surfing the Lérez e o Festival da Luz, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recomendacións para Semana Santa (IV)

⚠️📣 Hoxe é a quenda de Sara, a nosa profe de Lingua Galega e Literatura e coordinadora do @edlg_ortegal 🩵! E recoméndanos un libro de Ped...