Ortegalendo
Blog da Biblioteca do IES Cabo Ortegal (Cariño)
23.5.25
20.5.25
Concerto de Amoebo
Amoebo en Cariño!
No marco do Mes das Letras Galegas, este venres 23 de maio todo o centro acode ó Auditorio de Cariño para asistir a un concerto de Amoebo 🎸🎤
Amoebo é un grupo de música urbana formado por Aron e David que se alimenta do pop Idol dos anos 80 ós 2000, mesturando sons e ritmos actuais con rock, metal e synthpop de antano. No seu espectáculo únense festa, diversión sen prexuízos e bailes desmedidos, que reflicten temáticas que tocan o día a día da mocidade galega. Con esta proposta, Amoebo busca romper estereotipos tanto na música coma no espectáculo que trae para a comunidade educativa do IES Cabo Ortegal.
O seu traballo xa pasou por festivais como O Son do Camiño, o Atlantic Pride, o Surfing the Lérez e o Festival da Luz, entre outros.
16.5.25
Obradoiro con Andrea Montero
Obradoiro de música tradicional
Nesta véspera do Día das Letras Galegas recordamos o obradoiro de música tradicional que tivo lugar o pasado 25 de abril da man de Andrea Montero, pandereteira e cantareira en diversos proxectos como Aliboria ou Baiuca.
O obradoiro estaba dirixido a todo o alumnado previamente inscrito e nel, tras tras facer unha introdución sobre o Día das Letras Galegas e as cantareiras, Andrea amosounos diferentes instumentos tradicionais e ensinounos coo se tocan.
Que importante manter a nosa lingua, cultura e tradicións e transmitírllelas ós máis novos para que pervivan! 💙🤍
7.5.25
Resolución do Certame 'Exeria'
Neste mes das Letras Galegas, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Mendiño facemos pública a resolución da quinta edición do Certame de microrrelato e fotografía Exeria, convocado en colaboración coa Biblioteca Escolar e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela:
Felicidades a tódalas persoas gañadoras e, moi especialmente, ás nosas alumnas Vera, Andrea e Ana.
28.4.25
Micro Aberto con Jorge Bravo
Estudar... escavar... voar!
Na última sesión dos Recreos de Micro Aberto, celebrada o pasado xoves, recibimos a visita de Jorge Bravo, irmán de Ana Bravo, a nosa profe de Lingua Castelá.
Jorge falounos das voltas que dá a vida, dos cambios, das segundas oportunidades e das historias con final feliz, porque algunhas persoas necesitamos probar varias cousas ata saber o que queremos.
Tamén nos desvelou algúns segredos que ocorren nas alturas! ✈️🤫.
23.4.25
Libros na rúa polo Día do libro
Libros na rúa!
Con motivo do Día do Libro📖🌹, esta mañá o noso alumnado voluntario saíu á rúa para repartir libros expurgados da Biblioteca entre a veciñanza de Cariño.
22.4.25
Visita de Antonio Manuel Fraga
O pasado xoves, 10 de abril, nas vésperas das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 4º da ESO mantivo un encontro co eumés Antonio Manuel Fraga.
O escritor conversou coa rapazada e destripoulles como se xestou a súa novela Santoamaro, que leron na materia de Lingua Galega e Literatura. Tivo tempo tamén para responder as preguntas da rapazada e asinar algúns exemplares do seu libro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
XVII Xornada de Clubs de Lectura
Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...
.jpg)
-
Morreu Gabriel García Márquez "Cuando uno se aburre escribiendo, el lector se aburre leyendo" O premio Nobel de Literatur...
-
Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Mendiño (Redondela), en colabora...
-
MÁIS RECOMENDACIÓNS DE NADAL Ángel, profesor de Filosofía, non nos recomenda un libro, senón unha colección enteira!! Anímaste a ler estes c...